icono_muller
Biografía
Traballos
Imaxes

TERESA TÁBOAS VELEIRO

Filla de emigrantes galegos de Beariz e do Carballiño, naceu na CDMX (Cidade de México) no ano 1961.

De nena viviu entre as dúas beiras do Atlántico nun continuo viaxe de idas e voltas, de benvidas e despedidas dos avós, dos tíos, dos curmáns. A cabalo da cosmopolita Cidade de México daquela lugar de acollida dos exiliados das guerras europeas, e de Santiago de Compostela, sumida aínda nun mundo en branco e negro.
Os primeiros anos de estudos bascularon tamén entre eses dous mundos tan distintos e distantes, por unha banda o Instituto Luis Vives fundado polos mestres exiliados da república en México, e por outra, os colexios en Compostela, daquela femininos, como no que estivo interna con 8 anos o colexio de monxas de San Paio de Ante altares, ou o Bacharelato e COU no Instituto Rosalía de Castro.

Os estudos de Arquitectura tamén oscilaron entre ese dous mundo, Arquitecta pola UNAM, e Doutora Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, coa tese doutoral dirixida polo arquitecto César Portela Fernández Jardón, titulada “ El Color en Arquitectura “ e que adicou ao arquitecto mexicano Luis Barragán pola amizade que trabou con el nos seus anos de estudos na CDMX. Tese pola que obtivo a máxima cualificación: Sobresaliente Cum Laude , con un tribunal presidido polo arquitecto Félix Candela, amais de Juan Navarro Baldeweg, Manuel de las Casas, Manolo Gallego e Xosé Bar Boo.

Durante 6 anos traballou no despacho de Cesar Portela.

Estivo dous anos como Arquitecta Municipal no Concello de Marín.

Fundou no ano 1.990 Teresa Táboas Estudio de Arquitectura S.L. dende o que desenvolveu numerosos proxectos.

Foi presidenta da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

O 15 de Maio de 2.003 foi elixida Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, converténdose así na primeira muller en acceder ao cargo.

Foi Vicepresidenta do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Conselleira titular do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) segunda muller en ocupar este cargo dende o ano 1931 en que se fundou.

Formou parte da Comisión de Vivenda do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España

Integrante das comisións: Urban Issues e Enviorment and Sustainable Architecture do Consello de Arquitectos de Europa en representación do CSCAE (Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España).

Co-dirixiu en Abril de 2.005 o traballo titulado: Social Housing, por encargo do grupo de traballo de Urbanismo do Consello de Arquitectos de Europa co fin de coñecer a realidade da vivenda pública na Unión Europea Asambleista por España no 2.005 na Asamblea da Unión Internacional de Arquitectos que tivo lugar en Estambul.

Integrante do goberno galego como Conselleira de Vivenda e Solo na VII Lexislatura 2005-2009.

Foi Presidenta da Comisión de Vivenda do Consello de Arquitectos de Europa Deputada no Parlamento Galego na VIII Lexislatura 2009-2012.

Convidada como xurado en numerosos concursos de Arquitectura, entre outros hai que salientar o Premio Nacional de Arquitectura de España na súa convocatoria do ano 2003.

Medalla de Oro de la Universidad Anahuac en 2006 por su trayectoria profesional.

Colabora habitualmente cos seus escritos en revistas especializadas e prensa.

Ten participado en concursos de Arquitectura, obtendo varios premios, como:

  • 1º Premio concurso para 27 de V.P.O en Pereiro de Aguiar (Ourense).
  • 1º Premio concurso para Centro Comercial en Pereiro de Aguiar (Ourense).
  • 2º Premio Gardaría en Pereiro de Aguiar (Ourense).
  • 1º Premio concurso para la ampliación del parque del Liceo Casino de Pontevedra.
  • 2º Premio concurso para a Biblioteca de Ciencias Sociais do Campus de Santiago de Compostela.
  • 1º Premio Centro de Acuicultura en la Illa de Arousa (Pontevedra).
  • 1º Premio concurso para la reforma de la Praza de Barcelos ( Pontevedra).

Ten impartido conferencias en diversas Institucións e Universidades, das que se poderían destacar entre outras:

A sua participación no seminario sobre Arquitectura Iberoamericana celebrado en Sevilla, organizado pola Junta de Andalucía – Dirección General de Arquitectura y Vivenda, con unha conferencias sobre a Cor na Arquitectura Latinoamericana.

Instituto Tecnolóxico de Galicia, no seminario “El color en la Arquitectura».

Escola de Arquitectura de San Sebastián “La Arquitectura de Luis Barragán».

Escola de Arquitectura da Universidade Anáhuac (México).

VI Congreso Mundial del Color organizado por la Sociedad Mundial del Color integrada por científicos dedicados al estudio del mismo, con una ponencia titulada “The Colour in Architecture».

Universidade Internacional Menéndez Pelayo 1.999 : Bordes de Cascos Históricos.

Universidade Internacional Menéndez Pelayo 2.002 : Territorio y Naturaleza.

Foro de Urbanismo para un Desarrollo más sostenible Sevilla 2.004 con una ponencia titulada “Pobreza urbana y sostenibilidad“

Foro Arca II, Arquitectura y Calidad de vida. Edificación y Sostenibilidad, un compromiso posible. Círculo de Bellas Artes de Madrid 2.004.

Seminario sobre Renovación Urbana, Poznan (Polonia) 2.004.

3º Foro de Urbanismo para un desarrollo más sostenible. Zaragoza 2006.

Ponencia: El derecho a una vivienda.

Universidade Internacional Menéndez Pelayo Pontevedra 2.006 “ La Arquitectura como función, como representación y como cultura” con la ponencia titulada: Identidad y Territorio.

ETSA de Madrid, Jornadas Internacionales de Arquitectura y Urbanismo desde la perspectiva de las Arquitectas, coa ponencia: La función pública, incidencia en los procesos de cambio.

XXIII Congreso Internacional de Arquitectura da UIA Turín 2008.

IV Congreso de Arquitectos de España, Valencia 2009.

2.012 Participou nos grupos de traballo do Consello de Arquitectos de Europa en Sofía (Bulgaría), como Presidenta do grupo de Vivenda co fin de definir o papel dos Arquitectos na renovación e rehabilitación na edificación existente na UE.

Integrante do padroado da Fundación Juana de Vega.

Vicepresidenta da Fundación Luzes.

2.018 nomeada membro honorífico da Federación de Colegios de Arquitectos de la República Mexicana.

2.019 ponente nas Xornadas preparatorias do Congreso de Arquitectura de España, celebradas en Zaragoza.

En xullo de 2021 foi elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) na 28 Asemblea Xeral desta organización, a candidatura foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE).