Intensa experiencia de mediación en Centro América en organismos internacionais. Experta en lonxevidade e en temas de desenvolvemento humano e protección de dereitos humanos

Carmen Cristina Álvarez Basso

Caracas (Venezuela) 1963

A estancia dos seus proxenitores, Gisela Basso e Darío Álvarez Gándara, no país de orixe da nai explica que Carmen nacera na capital venezolana. Chega a Vigo con nove meses. Nesta cidade o pai exerce de médico especialista en cardioloxía e a nai será, uns anos despois, unha das fundadoras (en 1971) do innovador Colexio Martín Codax.

O ambiente intelectual do eido familiar e o escollido medio escolar no que cursa os seus estudos da alento constante ás inquietudes humanas e culturais que se van espertando na segunda filla, despois dunha irmán e dun irmá, do matrimonio Álvarez Basso.

Licenciada en Dereito (con estudos na universidade de Salamanca e Alcalá de Henares) e Máster en Administración de Empresas Públicas e Urbanismo na Universidade de Nova York, atesoura unha experiencia de máis de 25 años en temas de desenvolvemento en El Salvador e Centroamérica, en especial, en temas de política pública, gobernabilidade, sector privado e organizacións non gubernamentais. Traballou para Nacións Unidas durante as guerras e os procesos de paz e reinserción en Nicaragua e O Salvador. Traballou na elaboración, execución, supervisión e monitoreo de programas e proxectos do BID (Banco Interamericano de Desarrollo) en Washington D.C. para Nicaragua, O Salvador e Honduras. Unha reportaxe publicada no xornal EL País no ano 1999 presentábaa como a española que “renunció a su trabajo en la ONU para casarse con el líder del FMLN de El Salvador”(o comandante Facundo Guardado). Ten dúas fillas (Gisela e Carlota) e un fillo.

Foi presentadora na televisión salvadoreña, no Canal 33, do programa “De mujer a Mujer”. É autora e editora de libros e documentos. Está a escribir un libro de memorias. Tras a súa xubilación formouse como Coach de Vida e experta en “Nova Lonxevidade”, tema sobre o que trata o seu próximo libro.

Vive actualmente en Vigo, onde pasa a maior parte do tempo que lle queda libre de traballo, viaxes e conferencias. Publica un Blog bisemanal na súa páxina carmenalvarezbasso.com no que presenta temas de desenvolvemento persoal, de lonxevidade, relacións persoais e entrevistas con mulleres que se recrearon, se “voltaron a crear na vida”, e que son un exemplo de transformación. De todo isto da unha conta ampla no seu libro “El Cambio es Crisis y Oportunidad: ¡Conoce como Transformarte!”.